Entradas

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 1º Trimestre

Traballos breves Citar bibliografía (monografías ou artigos) e webgrafía (non utilizar a Wikipedia nin derivados). - Proxecto Gaelaico: base do proxecto: cal é a premisa da que parte?/ Etimoloxía de "Compostela" e a súa relación con outros topónimos/Opinión sobre a premisa do Proxecto baseada no temario explicado en clase. - Casitérides: Referencias dos textos antigos/ Teorías sobre a súa localización e hipótese máis plausible/ Relacións entre os pobos atlánticos (temario). - Petróglifos: Cronoloxía xeral e principais concentracións en Galicia/ Tipoloxías dos símbolos e posibles interpretacións/ Manifestacións artísticas semellantes noutros puntos de Europa. Prazo de entrega: enviar ao mail ata o martes 6 de novembro. Traballos longos Citar bibliografía (polo menos dúas monografías ou artigos) e webgrafía (non utilizar a Wikipedia nin derivados). - Prisciliano: Breve biografía/ Obras e contido das mesmas/ Razóns e protagonistas da súa execución/ Trascenden...

ACTIVIDADE REINO SUEVO 2º ESO

Imagen
Aquí vos deixo varios recursos para investigar a historia do reino suevo de Galicia. Tedes que elaborar un resume de dúas páxinas como mínimo que recolla: - O nacemento do reino . Como chegaron a establecerse en Galicia os suevos? Que outros pobos xermánicos chegaron á Península Ibérica no mesmo momento que eles? - A evolución do reino . Cales foron os principais feitos acontecidos durante a existencia do reino? Cales foron os seus reis máis importantes? - A fin do reino . Como desapareceu o reino suevo? Que pegadas deixaron os suevos no patrimonio e na cultura de Galicia? Non esquezades incluír as datas! https://youtu.be/u5pWLP_Eebk https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_reis_suevos http://www.intemporesueborum.es/gl/

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO

Imagen
Aquí vos deixo unha actividade sobre a cultura da Antiga Roma, baseada nas viñetas de Astérix. Como xa vos dixen, nas súas historietas atoparedes unha forma moi entretida e rigorosa de coñecer a historia de Roma e dos pobos conquistados por ela. Tedes que mandarme as respostas ao meu mail na data acordada. Non o deixedes para o último día! Os romanos gozaban de espectáculos públicos en recintos como o Coliseo (tamén chamado Anfiteatro Flavio, construído no s. I d. C.). onde presenciaban loitas de gladiadores, animais, e incluso batallas navais. No Circo Máximo se celebraban carreiras de carros tirados por cabalos (cuádrigas e bigas). -Hai un erro histórico na primeira viñeta (pertencente a Astérix gladiador ). Cal é? Que diferenza hai entre as cuádrigas e as bigas? Xulio César conquistou as Galias tras unha longa e cruenta guerra, vencendo a xefes galos como Vercinxétorix. César recolleu o sucedido na súa obra Comentarios ás Guerras das Galias . ...

O SECTOR PRIMARIO

Imagen
Ola a todos! Aquí vos deixo dous recursos que vos axudarán co tema do sector primario. O primeiro é unha presentación na que podedes ver de maneira moi clara as características do sector primario: evolución da agricultura en España, elementos da paisaxe agraria, tipos de campos e cultivos...todo con fotos e esquemas que vos axudarán a estudar este tema: El Sector Primario from smerino    O segundo é o documental que vimos en clase sobre a pesca e o marisqueo en Galicia. Aquí volo deixo por se queredes volver a velo ou anotar algo que se vos escapara de cara ao traballo en grupo que tedes que presentar: Ría Grande Saúdos!

REFLEXIÓN FINAL SOBRE "AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE"

Imagen
Remata o curso de "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación" proporcionado pola Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). Sen dúbida, é un dos cursos máis completos dos que teño realizado como docente. A propia natureza do curso así o esixía: os recursos á hora de sacarlle partido a un Entorno Persoal de Aprendizaxe (o que chamamos PLE) e establecer para iso unha Rede Persoal de Aprendizaxe (PLN) son múltiples, variados, e cada tipo de ferramenta web conta con varias alternativas. Os titores do curso mostráronnos todo tipo de recursos web. E para aprender hai que pasar á acción: as actividades foron subindo en nivel de dificultade, dende crear unha conta de mail ata traballar nunha comunidade de práctica (CoP) cos outros alumnos do curso. Hai que dicir que os titores fixeron un seguimento continuo das nosas dúbidas e comentarios, establecendo lazos para axudarnos entre os alumnos, facendo o traballo dinámico e eliminando os atrancos que nos ate...

CURACIÓN DE CONTIDOS

Imagen
Algúns de vós teredes oído o concepto "curación de contidos" en relación coa web. En realidade é unha tradución algo forzada (pero a máis aceptada) do inglés "content curation". Imos ver en que consiste. Na web 2.0, na que nos estamos a mover a diario, ademais de crear unha ampla rede de contactos, temos acceso a máis información que nunca antes na historia humana. Se ben isto é un logro marabilloso, conta cun gran incoveniente: a saturación de información. Coa inmersión na era dixital, pasamos de súpeto dunha información escasa e ás veces pouco accesible a unha saturación de datos a só un clic de distancia.  Así que se fai necesario filtrar esa información para quedarnos coa que sexa de utilidade e de calidade, enfocándoa á temática específica que pretendemos abordar. No noso traballo na aula, sexamos profesores ou alumnos, temos que ter sempre presente a curación de contidos. O noso cometido é aprender en todas as súas acepcións. O bombardeo masivo de info...
Imagen
Benvid@s Queda inaugurado este blog da área de Ciencias Sociais, que utilizaremos en clase para todos os cursos da ESO e de Bacharelato. Nel irei publicando recursos, actividades, traballos, novas relacionadas coa Xeografía e a Historia e todo aquilo que nos sirva en clase. Estades invitados a compartir aquí as vosas inquedanzas e descubrimentos. Este será un blog no que participaremos tod@s. De momento, aquí vos deixo unhas ligazóns: As novas relacionadas coas Ciencias Sociais do xornal El País . Como vedes, todos os días podemos atopar algo relacionado coa materia. Tamén atoparedes no blog unha ligazón permanente ás novas relacionadas coa nosa materia que aparecen en medios de todo o mundo. Para os alumnos de 2º de Bacharelato, aquí vos deixo a ligazón a un blog de Xeografía que vos servirá de reforzo para o visto en clase, con esquemas e prácticas resoltas. Para os alumnos de 3º de ESO, déixovos un vídeo explicando en que consiste o Estado de Benestar: Lembr...