Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xeografía

TRABALLO SOBRE AS MARCAS E A GLOBALIZACIÓN (VOLUNTARIO)

 A partir dunha prenda de roupa que teñas na casa, investiga os seguintes aspectos: - Materia prima coa que está fabricada: onde se obtén? Cal é o proceso de fabricación? - Onde   se fabricou a prenda? Condicióins do lugar de elaboración, condicións de traballo, etc. - Distribución da prenda: Dende unha tenda propia da marca ou ddoutra, transporte dende o lugar de fabricación ao de venda. - Green Washing : Leva a cabo a empresa fabricante algunha campaña de imaxe en canto a negocio sustentable? Son certos os datos que achega neste sentido? - Exposición en clase: Imaxes e información básica na pantalla. Datas: 31 de maio; 1 de xuño; 3 de xuño.

O SECTOR PRIMARIO

Imagen
Ola a todos! Aquí vos deixo dous recursos que vos axudarán co tema do sector primario. O primeiro é unha presentación na que podedes ver de maneira moi clara as características do sector primario: evolución da agricultura en España, elementos da paisaxe agraria, tipos de campos e cultivos...todo con fotos e esquemas que vos axudarán a estudar este tema: El Sector Primario from smerino    O segundo é o documental que vimos en clase sobre a pesca e o marisqueo en Galicia. Aquí volo deixo por se queredes volver a velo ou anotar algo que se vos escapara de cara ao traballo en grupo que tedes que presentar: Ría Grande Saúdos!