Entradas

Mostrando entradas de 2018

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 1º Trimestre

Traballos breves Citar bibliografía (monografías ou artigos) e webgrafía (non utilizar a Wikipedia nin derivados). - Proxecto Gaelaico: base do proxecto: cal é a premisa da que parte?/ Etimoloxía de "Compostela" e a súa relación con outros topónimos/Opinión sobre a premisa do Proxecto baseada no temario explicado en clase. - Casitérides: Referencias dos textos antigos/ Teorías sobre a súa localización e hipótese máis plausible/ Relacións entre os pobos atlánticos (temario). - Petróglifos: Cronoloxía xeral e principais concentracións en Galicia/ Tipoloxías dos símbolos e posibles interpretacións/ Manifestacións artísticas semellantes noutros puntos de Europa. Prazo de entrega: enviar ao mail ata o martes 6 de novembro. Traballos longos Citar bibliografía (polo menos dúas monografías ou artigos) e webgrafía (non utilizar a Wikipedia nin derivados). - Prisciliano: Breve biografía/ Obras e contido das mesmas/ Razóns e protagonistas da súa execución/ Trascenden

ACTIVIDADE REINO SUEVO 2º ESO

Imagen
Aquí vos deixo varios recursos para investigar a historia do reino suevo de Galicia. Tedes que elaborar un resume de dúas páxinas como mínimo que recolla: - O nacemento do reino . Como chegaron a establecerse en Galicia os suevos? Que outros pobos xermánicos chegaron á Península Ibérica no mesmo momento que eles? - A evolución do reino . Cales foron os principais feitos acontecidos durante a existencia do reino? Cales foron os seus reis máis importantes? - A fin do reino . Como desapareceu o reino suevo? Que pegadas deixaron os suevos no patrimonio e na cultura de Galicia? Non esquezades incluír as datas! https://youtu.be/u5pWLP_Eebk https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_reis_suevos http://www.intemporesueborum.es/gl/

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO

Imagen
Aquí vos deixo unha actividade sobre a cultura da Antiga Roma, baseada nas viñetas de Astérix. Como xa vos dixen, nas súas historietas atoparedes unha forma moi entretida e rigorosa de coñecer a historia de Roma e dos pobos conquistados por ela. Tedes que mandarme as respostas ao meu mail na data acordada. Non o deixedes para o último día! Os romanos gozaban de espectáculos públicos en recintos como o Coliseo (tamén chamado Anfiteatro Flavio, construído no s. I d. C.). onde presenciaban loitas de gladiadores, animais, e incluso batallas navais. No Circo Máximo se celebraban carreiras de carros tirados por cabalos (cuádrigas e bigas). -Hai un erro histórico na primeira viñeta (pertencente a Astérix gladiador ). Cal é? Que diferenza hai entre as cuádrigas e as bigas? Xulio César conquistou as Galias tras unha longa e cruenta guerra, vencendo a xefes galos como Vercinxétorix. César recolleu o sucedido na súa obra Comentarios ás Guerras das Galias .