ACTIVIDADE ROMA 1º ESO

Aquí vos deixo unha actividade sobre a cultura da Antiga Roma, baseada nas viñetas de Astérix. Como xa vos dixen, nas súas historietas atoparedes unha forma moi entretida e rigorosa de coñecer a historia de Roma e dos pobos conquistados por ela.

Tedes que mandarme as respostas ao meu mail na data acordada. Non o deixedes para o último día!






Os romanos gozaban de espectáculos públicos en recintos como o Coliseo (tamén chamado Anfiteatro Flavio, construído no s. I d. C.). onde presenciaban loitas de gladiadores, animais, e incluso batallas navais. No Circo Máximo se celebraban carreiras de carros tirados por cabalos (cuádrigas e bigas).


-Hai un erro histórico na primeira viñeta (pertencente a Astérix gladiador ). Cal é? Que diferenza hai entre as cuádrigas e as bigas?





Xulio César conquistou as Galias tras unha longa e cruenta guerra, vencendo a xefes galos como Vercinxétorix. César recolleu o sucedido na súa obra Comentarios ás Guerras das Galias.


-Di as datas exactas da conquista das Galias; menciona algún dos pobos conquistados; atopa algún fragmento dos escritos de César no que conte as súas experiencias nestas guerras.




A romanización supuxo a asimilación da cultura e dos costumes romanos por parte dos pobos conquistados. Moitos dos rasgos das culturas indíxenas,se conservaron, pero outros esmoreceron pouco a pouco.


-Que rasgos da cultura romana asimilaron os pobos conquistados? Por que podemos relacionar a viñeta de aquí arriba coa romanización?




Os romanos foron grandes enxeñeiros e construtores, como demostran os acuedutos, construídos para subministrar auga ás cidades. Moitos deles aínda seguen en pé.


-Coñeces algunha obra de enxeñería romana que aínda podamos visitar? Atopa polo menos tres e adxunta algunha imaxe delas.





Nesta marabillosa viñeta debuxada por Uderzo, vemos a cidade de Roma no século I a. C. A cidade de Roma se asentaba dende as orixes en sete outeiros.


-Investiga: menciona algúns dos principais edificios construídos en Roma no último século da República.





As calzadas romanas unían as cidades e os diferentes puntos de interese militar, económico e político dos dominios de Roma.


-Coñeces o trazado dalgunha vía romana en Galicia? Escolle unha e menciona que vilas e cidades actuais atravesaban e unían.





As vivendas romanas podían ser de varios tipos; as máis comúns eran as “insulae” e as “domus”.


-Que diferenciaba aos habitantes dunhas e doutras? Menciona e comenta as partes da domus.

Entradas populares de este blog

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre