TRABALLO BARROCO COMPOSTELÁN 3º ESO (VOLUNTARIO)
-Sacade fotos (dúas ou tres de cada edificio, unha delas un selfie de todo o voso grupo diante do edificio, ou que vola saque alguén) de catro edificios barrocos de Santiago, dous deles (polo menos) civís (ou sexa, non relixiosos). -Comentade as características xerais da arte barroca (podedes consultar o libro de texto, ou a Wikipedia). -Tomade nota do grao de conservación de cada edificio: mal conservado, en ruínas, ben conservado, restaurado fai pouco, etc. - Entorno de cada edificio: se está ubicado nunha praza, ao lado da estrada, se está illado, se está nun entorno pouco ou moi transitado, etc. -Buscade información sobre os edificios nos libros da biblioteca do instituto: podedes atopalos na sección de Arte. Se non os atopades, preguntádeme, ou ao profesor/a que estea na biblioteca. Tedes que incluír un apartado de bibliografía no traballo: título, autor, editorial, ano de publicación e páxinas do libro consultadas de cada libro do que saquedes información. Redactade o