Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como xornalismo

O SÉCULO XIX EN GALICIA (4º ESO 2º trimestre)

Buscade novas na prensa actual (dos últimos dez anos e de calquera xornal) sobre os acontecementos sucedidos en Galicia relacionados coa historia de España de comezos do século XIX: 1)O movemento liberal e figuras clave (homes e mulleres) do mesmo. 2)A pervivencia do tráfico de escravos. 3)A Guerra de Independencia e o Batallón Literario compostelano. 4)O carlismo en Galicia. Con datas, lugares concretos e principais protagonistas. NON buscar a información na Wikipedia. 9/10 alumnos por grupo (2/3 alumnos por apartado) En galego. Extensión: libre. Formato: Times New Roman 12. Portada, índice e páxinas numeradas. Bibliografía e webgrafía. Cada un dos apartados co nome dos alumnos encargados do mesmo. Enviar ao mail do profesor. Contarán: a ortografía, a redacción, a relación cos contidos vistos en clase e a presentación. Data límite de entrega: venres 23 de marzo de 2020 . Exposición (voluntaria) á semana seguinte...

PRESENTACIÓN DEMOGRAFÍA 2º ESO

Buscar en Google imaxes: "pirámide poboación Galicia". Pirámide de poboación 1981/2017 : analizar e comparar as principais diferenzas entre a poboación de 1981 e a de 2017. Buscar 3 noticias (como mínimo) referidas á demografía galega en Google: "poboación Galicia"; e resumilas destacando o referido a: Natalidade. Mortalidade. Crecemento natural. Propostas de políticas natalistas. Na presentación en clase cada un dos membros do grupo debe comentar polo menos un dos apartados do traballo. Datas das presentacións: 2º A: 11 e 14 de xuño. 2º B: 13 e 14 de xuño.