Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 3ª avaliación

OS ROMANOS EN GALICIA (TRABALLO VOLUNTARIO)

 Galicia, como parte do Imperio, foi transformada pola presenza romana. Buscade información sobre: - A pegada cultural romana en Galicia : Relixión, lingua, etc.  - Cidades : cidades ou vilas fundadas polos romanos; monumentos e restos romanos nas cidades galegas, etc. Datas nas que se fundaron e construíron. - Campamentos : busca información sobre os campamentos militares romanos en Galicia: situación, datas nas que se ergueron, restos arqueolóxicos, etc.  - Vías romanas : por onde pasaban, restos arqueolóxicos, etc. -Acompaña a exposición con fotografías na pantalla da aula - Sitúa no mapa de Galicia os lugares sobre os que buscastes información.  -Podedes utilizar un guion durante a exposición.  -Datas : 25 de maio; 1 de xuño. 

TRABALLO SOBRE AS MARCAS E A GLOBALIZACIÓN (VOLUNTARIO)

 A partir dunha prenda de roupa que teñas na casa, investiga os seguintes aspectos: - Materia prima coa que está fabricada: onde se obtén? Cal é o proceso de fabricación? - Onde   se fabricou a prenda? Condicióins do lugar de elaboración, condicións de traballo, etc. - Distribución da prenda: Dende unha tenda propia da marca ou ddoutra, transporte dende o lugar de fabricación ao de venda. - Green Washing : Leva a cabo a empresa fabricante algunha campaña de imaxe en canto a negocio sustentable? Son certos os datos que achega neste sentido? - Exposición en clase: Imaxes e información básica na pantalla. Datas: 31 de maio; 1 de xuño; 3 de xuño.

TRABALLO XEOGRAFÍA 3º ESO- 3º TRIMESTRE

Aquí vos deixo a ligazón ao libro . E aquí tedes as actividades que tedes que facer despois de ler cada capítulo.

PRESENTACIÓN DEMOGRAFÍA 2º ESO

Buscar en Google imaxes: "pirámide poboación Galicia". Pirámide de poboación 1981/2017 : analizar e comparar as principais diferenzas entre a poboación de 1981 e a de 2017. Buscar 3 noticias (como mínimo) referidas á demografía galega en Google: "poboación Galicia"; e resumilas destacando o referido a: Natalidade. Mortalidade. Crecemento natural. Propostas de políticas natalistas. Na presentación en clase cada un dos membros do grupo debe comentar polo menos un dos apartados do traballo. Datas das presentacións: 2º A: 11 e 14 de xuño. 2º B: 13 e 14 de xuño.

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC 3º trimestre

Antropoloxía cultural OPCIÓN A (50% da nota): Escoller entre os seguintes temas: - Velorios: Onde? Quen? (separación de espazos e actividades homes/mulleres); Canto tempo? Como? (Comida, bebida; de noite, de día; contos/chistes/cancións) . - Antroido: Como? (Festa, disfraces, cancións, outros rituais); Pratos tradicionais. - Matanza: Cando? (época do ano); Quen? (reparto de labores homes/mulleres); Onde? (partes da casa); Como? (proceso da matanza en si,rituais, etc.) - Emigración/ Inmigración: Destino; idade no momento de emigrar; contacto cos galegos da diáspora; relación coa poboación autóctona; contrastes culturais, etc. Modelo/ Guía para o traballo: Arquivo do Galego Oral 1) Recollida oral de datos: gravación en audio. 2) Elaboración do documento: transcrición acompañada de ilustracións ou banda deseñada  ("cómic"). OPCIÓN B (30% da nota): Os cruceiros de Galicia - Por grupos (de 2, 3 ou 4 persoas).  1) Trazar o itinerario dunha posible ruta...