Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016
Imagen
Benvid@s Queda inaugurado este blog da área de Ciencias Sociais, que utilizaremos en clase para todos os cursos da ESO e de Bacharelato. Nel irei publicando recursos, actividades, traballos, novas relacionadas coa Xeografía e a Historia e todo aquilo que nos sirva en clase. Estades invitados a compartir aquí as vosas inquedanzas e descubrimentos. Este será un blog no que participaremos tod@s. De momento, aquí vos deixo unhas ligazóns: As novas relacionadas coas Ciencias Sociais do xornal El País . Como vedes, todos os días podemos atopar algo relacionado coa materia. Tamén atoparedes no blog unha ligazón permanente ás novas relacionadas coa nosa materia que aparecen en medios de todo o mundo. Para os alumnos de 2º de Bacharelato, aquí vos deixo a ligazón a un blog de Xeografía que vos servirá de reforzo para o visto en clase, con esquemas e prácticas resoltas. Para os alumnos de 3º de ESO, déixovos un vídeo explicando en que consiste o Estado de Benestar: Lembr