Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

TRABALLO BARROCO COMPOSTELÁN 3º ESO (VOLUNTARIO)

-Sacade fotos (dúas ou tres de cada edificio, unha delas un selfie de todo o voso grupo diante do edificio, ou que vola saque alguén) de  catro edificios barrocos de Santiago, dous deles (polo menos) civís (ou sexa, non relixiosos). -Comentade as características xerais da arte barroca (podedes consultar o libro de texto, ou a Wikipedia). -Tomade nota do grao de conservación de cada edificio: mal conservado, en ruínas, ben conservado, restaurado fai pouco, etc. - Entorno de cada edificio: se está ubicado nunha praza, ao lado da estrada, se está illado, se está nun entorno pouco ou moi transitado, etc. -Buscade información sobre os edificios nos libros da biblioteca do instituto: podedes atopalos na sección de Arte. Se non os atopades, preguntádeme, ou ao profesor/a que estea na biblioteca. Tedes que incluír un apartado de bibliografía no traballo: título, autor, editorial, ano de publicación e páxinas do libro consultadas de cada libro do que saquedes información. Redactade o

O SÉCULO XIX EN GALICIA (4º ESO 2º trimestre)

Buscade novas na prensa actual (dos últimos dez anos e de calquera xornal) sobre os acontecementos sucedidos en Galicia relacionados coa historia de España de comezos do século XIX: 1)O movemento liberal e figuras clave (homes e mulleres) do mesmo. 2)A pervivencia do tráfico de escravos. 3)A Guerra de Independencia e o Batallón Literario compostelano. 4)O carlismo en Galicia. Con datas, lugares concretos e principais protagonistas. NON buscar a información na Wikipedia. 9/10 alumnos por grupo (2/3 alumnos por apartado) En galego. Extensión: libre. Formato: Times New Roman 12. Portada, índice e páxinas numeradas. Bibliografía e webgrafía. Cada un dos apartados co nome dos alumnos encargados do mesmo. Enviar ao mail do profesor. Contarán: a ortografía, a redacción, a relación cos contidos vistos en clase e a presentación. Data límite de entrega: venres 23 de marzo de 2020 . Exposición (voluntaria) á semana seguinte

TRABALLO XEOGRAFÍA 3º ESO- 3º TRIMESTRE

Aquí vos deixo a ligazón ao libro . E aquí tedes as actividades que tedes que facer despois de ler cada capítulo.