Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC 3º trimestre

Antropoloxía cultural OPCIÓN A (50% da nota): Escoller entre os seguintes temas: - Velorios: Onde? Quen? (separación de espazos e actividades homes/mulleres); Canto tempo? Como? (Comida, bebida; de noite, de día; contos/chistes/cancións) . - Antroido: Como? (Festa, disfraces, cancións, outros rituais); Pratos tradicionais. - Matanza: Cando? (época do ano); Quen? (reparto de labores homes/mulleres); Onde? (partes da casa); Como? (proceso da matanza en si,rituais, etc.) - Emigración/ Inmigración: Destino; idade no momento de emigrar; contacto cos galegos da diáspora; relación coa poboación autóctona; contrastes culturais, etc. Modelo/ Guía para o traballo: Arquivo do Galego Oral 1) Recollida oral de datos: gravación en audio. 2) Elaboración do documento: transcrición acompañada de ilustracións ou banda deseñada  ("cómic"). OPCIÓN B (30% da nota): Os cruceiros de Galicia - Por grupos (de 2, 3 ou 4 persoas).  1) Trazar o itinerario dunha posible ruta

CONTROL DA ANSIEDADE NA ÉPOCA DE EXAMES

Aquí vos deixo unha ligazón dun programa autoaplicado co que podemos controlar a ansiedade que poden producir os exames, con descarga en pdf dispoñible. Nel se nos explica cales poden ser os motivos, e unha vez identificados, cales poden ser as solucións. Ligazón:   Programa autoaplicado para el control de la ansiedad ante los exámenes Descarga pdf: unha vez na páxina da ligazón, pinchar en Documentos (na parte inferior da pantalla). Por exemplo, dá unhas claves para afrontar a época de exames con éxito: Que facer? 1.Adoptar uns hábitos de vida saludables, sobre todo en época de exames. 2.Ter unha técnica eficaz no estudo. 3.Ter a motivación suficiente. 4.Realizar unha preparación mental. Nos ofrece os pasos a seguir para unha correcta planificación, técnicas de estudo e prácticas que nos axudarán a enfrontarnos aos exames. Con calma, e sempre con ánimo!