Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 1ºESO

OS ROMANOS EN GALICIA (TRABALLO VOLUNTARIO)

 Galicia, como parte do Imperio, foi transformada pola presenza romana. Buscade información sobre: - A pegada cultural romana en Galicia : Relixión, lingua, etc.  - Cidades : cidades ou vilas fundadas polos romanos; monumentos e restos romanos nas cidades galegas, etc. Datas nas que se fundaron e construíron. - Campamentos : busca información sobre os campamentos militares romanos en Galicia: situación, datas nas que se ergueron, restos arqueolóxicos, etc.  - Vías romanas : por onde pasaban, restos arqueolóxicos, etc. -Acompaña a exposición con fotografías na pantalla da aula - Sitúa no mapa de Galicia os lugares sobre os que buscastes información.  -Podedes utilizar un guion durante a exposición.  -Datas : 25 de maio; 1 de xuño. 

CONTROL DA ANSIEDADE NA ÉPOCA DE EXAMES

Aquí vos deixo unha ligazón dun programa autoaplicado co que podemos controlar a ansiedade que poden producir os exames, con descarga en pdf dispoñible. Nel se nos explica cales poden ser os motivos, e unha vez identificados, cales poden ser as solucións. Ligazón:   Programa autoaplicado para el control de la ansiedad ante los exámenes Descarga pdf: unha vez na páxina da ligazón, pinchar en Documentos (na parte inferior da pantalla). Por exemplo, dá unhas claves para afrontar a época de exames con éxito: Que facer? 1.Adoptar uns hábitos de vida saludables, sobre todo en época de exames. 2.Ter unha técnica eficaz no estudo. 3.Ter a motivación suficiente. 4.Realizar unha preparación mental. Nos ofrece os pasos a seguir para unha correcta planificación, técnicas de estudo e prácticas que nos axudarán a enfrontarnos aos exames. Con calma, e sempre con ánimo!

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO

Imagen
Aquí vos deixo unha actividade sobre a cultura da Antiga Roma, baseada nas viñetas de Astérix. Como xa vos dixen, nas súas historietas atoparedes unha forma moi entretida e rigorosa de coñecer a historia de Roma e dos pobos conquistados por ela. Tedes que mandarme as respostas ao meu mail na data acordada. Non o deixedes para o último día! Os romanos gozaban de espectáculos públicos en recintos como o Coliseo (tamén chamado Anfiteatro Flavio, construído no s. I d. C.). onde presenciaban loitas de gladiadores, animais, e incluso batallas navais. No Circo Máximo se celebraban carreiras de carros tirados por cabalos (cuádrigas e bigas). -Hai un erro histórico na primeira viñeta (pertencente a Astérix gladiador ). Cal é? Que diferenza hai entre as cuádrigas e as bigas? Xulio César conquistou as Galias tras unha longa e cruenta guerra, vencendo a xefes galos como Vercinxétorix. César recolleu o sucedido na súa obra Comentarios ás Guerras das Galias . ...