Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre

OPCIÓN 1 Castelao:obra gráfica Album Nós (1920); Galicia Mártir (1937); Atila en Galicia (1937) -Escoller tres estampas e recrealas. Sinalar a que colección pertence cada unha. -Sinalar a motivación de Castelao para creala (contexto histórico, etapa da biografía do autor) e a túa para recreala. Catálogo Castelao grafista OPCIÓN 2 A quinta de Saler , novela de Antón Riveiro Coello - Mencións á Guerra de Independencia en Galicia : Que feitos nos relata a obra? que personaxes son mencionados? - Compilación oral da memoria histórica : Unha das protagonistas entrevista a un ancián buscando información para a novela que está a escribir. Que etapa da historia de España viviu o ancián? Que podemos saber sobre esa etapa polo que nos conta? - Couto Mixto : Que características xurídicas deste territorio se mencionan? Busca información sobre o Couto Mixto (NON en wikipedia). Webgrafía. Data límite : 22  de febreiro de 2019.