TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre

OPCIÓN 1

Castelao:obra gráfica

Album Nós (1920); Galicia Mártir (1937); Atila en Galicia (1937)

-Escoller tres estampas e recrealas. Sinalar a que colección pertence cada unha.

-Sinalar a motivación de Castelao para creala (contexto histórico, etapa da biografía do autor) e a túa para recreala.

Catálogo Castelao grafista


OPCIÓN 2

A quinta de Saler, novela de Antón Riveiro Coello

-Mencións á Guerra de Independencia en Galicia: Que feitos nos relata a obra? que personaxes son mencionados?

-Compilación oral da memoria histórica: Unha das protagonistas entrevista a un ancián buscando información para a novela que está a escribir. Que etapa da historia de España viviu o ancián? Que podemos saber sobre esa etapa polo que nos conta?

-Couto Mixto: Que características xurídicas deste territorio se mencionan? Busca información sobre o Couto Mixto (NON en wikipedia). Webgrafía.



Data límite: 22 de febreiro de 2019.



Comentarios

Entradas populares de este blog

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO