Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

REFLEXIÓN FINAL SOBRE "AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE"

Imagen
Remata o curso de "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación" proporcionado pola Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). Sen dúbida, é un dos cursos máis completos dos que teño realizado como docente. A propia natureza do curso así o esixía: os recursos á hora de sacarlle partido a un Entorno Persoal de Aprendizaxe (o que chamamos PLE) e establecer para iso unha Rede Persoal de Aprendizaxe (PLN) son múltiples, variados, e cada tipo de ferramenta web conta con varias alternativas. Os titores do curso mostráronnos todo tipo de recursos web. E para aprender hai que pasar á acción: as actividades foron subindo en nivel de dificultade, dende crear unha conta de mail ata traballar nunha comunidade de práctica (CoP) cos outros alumnos do curso. Hai que dicir que os titores fixeron un seguimento continuo das nosas dúbidas e comentarios, establecendo lazos para axudarnos entre os alumnos, facendo o traballo dinámico e eliminando os atrancos que nos ate

CURACIÓN DE CONTIDOS

Imagen
Algúns de vós teredes oído o concepto "curación de contidos" en relación coa web. En realidade é unha tradución algo forzada (pero a máis aceptada) do inglés "content curation". Imos ver en que consiste. Na web 2.0, na que nos estamos a mover a diario, ademais de crear unha ampla rede de contactos, temos acceso a máis información que nunca antes na historia humana. Se ben isto é un logro marabilloso, conta cun gran incoveniente: a saturación de información. Coa inmersión na era dixital, pasamos de súpeto dunha información escasa e ás veces pouco accesible a unha saturación de datos a só un clic de distancia.  Así que se fai necesario filtrar esa información para quedarnos coa que sexa de utilidade e de calidade, enfocándoa á temática específica que pretendemos abordar. No noso traballo na aula, sexamos profesores ou alumnos, temos que ter sempre presente a curación de contidos. O noso cometido é aprender en todas as súas acepcións. O bombardeo masivo de info