CURACIÓN DE CONTIDOS

Algúns de vós teredes oído o concepto "curación de contidos" en relación coa web. En realidade é unha tradución algo forzada (pero a máis aceptada) do inglés "content curation". Imos ver en que consiste.

Na web 2.0, na que nos estamos a mover a diario, ademais de crear unha ampla rede de contactos, temos acceso a máis información que nunca antes na historia humana. Se ben isto é un logro marabilloso, conta cun gran incoveniente: a saturación de información. Coa inmersión na era dixital, pasamos de súpeto dunha información escasa e ás veces pouco accesible a unha saturación de datos a só un clic de distancia.

 Así que se fai necesario filtrar esa información para quedarnos coa que sexa de utilidade e de calidade, enfocándoa á temática específica que pretendemos abordar. No noso traballo na aula, sexamos profesores ou alumnos, temos que ter sempre presente a curación de contidos. O noso cometido é aprender en todas as súas acepcións. O bombardeo masivo de información, lonxe de axudarnos, nos despista, nos confunde, nos agobia...demasiada xente falando á vez, non escoitamos, só é ruído e confusión. 

Os pasos a dar para levar a cabo unha eficaz curación de contidos son: buscar, seleccionar, elaborar e compartir o contido máis relevante sobre un tema en concreto na web.



A curación de contidos é, polo tanto, unha habilidade imprescindible a incluir no proceso de ensino-aprendizaxe: os profesores debemos tela, e aprenderlla aos alumnos para que non se perdan no barullo da net á hora de buscar información e recursos,sexa para o traballo de clase ou polo seu interese personal, e profesional no futuro.

Aldous Huxley temía que chegaría o momento en que coa saturación de información  a verdade quedaría afogada nun mar de irrelevancia. Traballemos para que non sexa así.

Aquí vos deixo un par de artigos nos que se detalla a curación de contidos no campo do ensino, nos que tamén se achegan algunhas ferramentas que nos facilitarán o proceso, como Pinterest:

Comentarios

Entradas populares de este blog

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre

ACTIVIDADE REINO SUEVO 2º ESO