Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO

Imagen
Aquí vos deixo unha actividade sobre a cultura da Antiga Roma, baseada nas viñetas de Astérix. Como xa vos dixen, nas súas historietas atoparedes unha forma moi entretida e rigorosa de coñecer a historia de Roma e dos pobos conquistados por ela. Tedes que mandarme as respostas ao meu mail na data acordada. Non o deixedes para o último día! Os romanos gozaban de espectáculos públicos en recintos como o Coliseo (tamén chamado Anfiteatro Flavio, construído no s. I d. C.). onde presenciaban loitas de gladiadores, animais, e incluso batallas navais. No Circo Máximo se celebraban carreiras de carros tirados por cabalos (cuádrigas e bigas). -Hai un erro histórico na primeira viñeta (pertencente a Astérix gladiador ). Cal é? Que diferenza hai entre as cuádrigas e as bigas? Xulio César conquistou as Galias tras unha longa e cruenta guerra, vencendo a xefes galos como Vercinxétorix. César recolleu o sucedido na súa obra Comentarios ás Guerras das Galias .