Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Galicia

OS ROMANOS EN GALICIA (TRABALLO VOLUNTARIO)

 Galicia, como parte do Imperio, foi transformada pola presenza romana. Buscade información sobre: - A pegada cultural romana en Galicia : Relixión, lingua, etc.  - Cidades : cidades ou vilas fundadas polos romanos; monumentos e restos romanos nas cidades galegas, etc. Datas nas que se fundaron e construíron. - Campamentos : busca información sobre os campamentos militares romanos en Galicia: situación, datas nas que se ergueron, restos arqueolóxicos, etc.  - Vías romanas : por onde pasaban, restos arqueolóxicos, etc. -Acompaña a exposición con fotografías na pantalla da aula - Sitúa no mapa de Galicia os lugares sobre os que buscastes información.  -Podedes utilizar un guion durante a exposición.  -Datas : 25 de maio; 1 de xuño. 

TRABALLO BARROCO COMPOSTELÁN 3º ESO (VOLUNTARIO)

-Sacade fotos (dúas ou tres de cada edificio, unha delas un selfie de todo o voso grupo diante do edificio, ou que vola saque alguén) de  catro edificios barrocos de Santiago, dous deles (polo menos) civís (ou sexa, non relixiosos). -Comentade as características xerais da arte barroca (podedes consultar o libro de texto, ou a Wikipedia). -Tomade nota do grao de conservación de cada edificio: mal conservado, en ruínas, ben conservado, restaurado fai pouco, etc. - Entorno de cada edificio: se está ubicado nunha praza, ao lado da estrada, se está illado, se está nun entorno pouco ou moi transitado, etc. -Buscade información sobre os edificios nos libros da biblioteca do instituto: podedes atopalos na sección de Arte. Se non os atopades, preguntádeme, ou ao profesor/a que estea na biblioteca. Tedes que incluír un apartado de bibliografía no traballo: título, autor, editorial, ano de publicación e páxinas do libro consultadas de cada libro do que saquedes información. Redacta...

PRESENTACIÓN DEMOGRAFÍA 2º ESO

Buscar en Google imaxes: "pirámide poboación Galicia". Pirámide de poboación 1981/2017 : analizar e comparar as principais diferenzas entre a poboación de 1981 e a de 2017. Buscar 3 noticias (como mínimo) referidas á demografía galega en Google: "poboación Galicia"; e resumilas destacando o referido a: Natalidade. Mortalidade. Crecemento natural. Propostas de políticas natalistas. Na presentación en clase cada un dos membros do grupo debe comentar polo menos un dos apartados do traballo. Datas das presentacións: 2º A: 11 e 14 de xuño. 2º B: 13 e 14 de xuño.