Benvid@s

Queda inaugurado este blog da área de Ciencias Sociais, que utilizaremos en clase para todos os cursos da ESO e de Bacharelato. Nel irei publicando recursos, actividades, traballos, novas relacionadas coa Xeografía e a Historia e todo aquilo que nos sirva en clase.

Estades invitados a compartir aquí as vosas inquedanzas e descubrimentos. Este será un blog no que participaremos tod@s.

De momento, aquí vos deixo unhas ligazóns:

As novas relacionadas coas Ciencias Sociais do xornal El País. Como vedes, todos os días podemos atopar algo relacionado coa materia. Tamén atoparedes no blog unha ligazón permanente ás novas relacionadas coa nosa materia que aparecen en medios de todo o mundo.

Para os alumnos de 2º de Bacharelato, aquí vos deixo a ligazón a un blog de Xeografía que vos servirá de reforzo para o visto en clase, con esquemas e prácticas resoltas.

Para os alumnos de 3º de ESO, déixovos un vídeo explicando en que consiste o Estado de Benestar:





Lembrade que esta semana entramos na recta final da segunda avaliación. Non deixedes para mañá o que poidades facer hoxe!


Saúdos de Javier.

Comentarios

  1. Play The Best Slots Machines Online - Top Casinos for
    Online casino games at Pragmatic Play are septcasino a huge choice. There are lots of งานออนไลน์ games to choose from including video slots, progressive jackpot 메리트 카지노 고객센터 slots,

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO