O SÉCULO XIX EN GALICIA (4º ESO 2º trimestre)


Buscade novas na prensa actual (dos últimos dez anos e de calquera xornal) sobre os acontecementos sucedidos en Galicia relacionados coa historia de España de comezos do século XIX:

1)O movemento liberal e figuras clave (homes e mulleres) do mesmo.
2)A pervivencia do tráfico de escravos.
3)A Guerra de Independencia e o Batallón Literario compostelano.
4)O carlismo en Galicia.

  • Con datas, lugares concretos e principais protagonistas.

  • NON buscar a información na Wikipedia.

  • 9/10 alumnos por grupo (2/3 alumnos por apartado)

  • En galego.

  • Extensión: libre.

  • Formato: Times New Roman 12. Portada, índice e páxinas numeradas. Bibliografía e webgrafía. Cada un dos apartados co nome dos alumnos encargados do mesmo. Enviar ao mail do profesor.

  • Contarán: a ortografía, a redacción, a relación cos contidos vistos en clase e a presentación.

  • Data límite de entrega: venres 23 de marzo de 2020. Exposición (voluntaria) á semana seguinte.

  • 20% como máximo da nota final do trimestre.




  1. A partir da nova da prensa (tedes que referir o titular, o xornal e a data na que se publicou) buscade información de cada un dos acontecementos ou procesos aos que se refire.

  1. Acompañade cada apartado de unha ou varias imaxes: obras de arte, monumentos, paisaxes, mapas, etc.

  1. Establecede con Google Maps un itinerario dos principais puntos e da súa contorna relacionados cos feitos (tamén rúas cos nomes dos protagonistas). Incluíde esta ruta no traballo a través dunha captura de pantalla. (Actividade opcional).

PAUTAS PARA A EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

-Utilizar unha ferramenta de presentación (Powerpoint ou semellante).

-Comezar comentando a noticia de prensa.

-Desenvolver os contidos relacionados coa noticia a partir dun esquema previo.

-Incluír imaxes.

-Bibliografía/webgrafía  consultada.








Comentarios

Entradas populares de este blog

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BAC. 2º trimestre

ACTIVIDADE ROMA 1º ESO